28.9.08

Capítulo III: Trapos noxentos

Aquí o está, o terceiro caso de Billy, aínda que foi o primeiro que tiven completo. Comecei co primeiro, logo empecei e rematei o terceiro... non sigo unha orde, se non, volveríame tolo.


Din que o asasino sempre volve á escea do crime, pero eu non vou quedar sentado a esperalo. Son Billy McTeddy, o osiño de peluxe detective de HappyCity.

Acudiramos a casa dunha boneta de trapo no barrio marginal das aforas, logo de súa chamada.

-Ring, ring...

-Á fala o detective privado McTeddy, da axencia de detectives privados “McTeddy & Friends”. O noso lema é:“Vostede di o caso e nos llo apañamos coa mayor brevedade posible”. Dígame?

-Son Sonia Rag, dos barrios baixos!, Señor McTeddy, veña axiña!

-E logo, que foi? Xa sabe que eu cobro polo servizo.

-Xa, xa, non se preocupe polos honorarios.

-Pero vostedes son pobres, non si?

-Somos tal, pero teño entendido que non cobra moito.

-Muller, tampouco é que… Agarde, vostede non estaba desesperada?

-Ai, si. ¡Veñan correndo, houbo un asasinato!

-Correndo non que cansamos, collemos un taxi.

O escenario do crime non era outro que a mesma casa, e a vítima, a irmá da chamante; Linda Rag, 23 años, camareira, ainda que de linda tiña pouco, e menos co sangue todo pola cara.

-Ben, ben,… en principio parece un asasinato.

-Iso xa llo dixera eu, vin ao asasino saír pola porta.

-Tiñana aberta? Bueno, conteme, como foi?

-Cando cheguei á casa vina xa morta, tal e como está ahí. Fun chamalo e ao da-la vola vin un tipo cun arma saindo pola porta.

-Son Samantha Dollgirl. A que hora foi todo isto?

-Ás 8 marchei traballar e ela durmía; cando volvín ás 2 xa estaba ahí posta.

-Hay máis xente a vivir aquí?

-O noso pai, pero hai días disque foi buscar coitelos, que non había, e xa non voltou. Temos que corta-la comida coa machada.

Mentres Samantha seguía a interroga-la moza, que era o seu, chamei á policía.

-Departamento da policía de HappyCity.

-Son McTeddy…

-Que carallo queres, McTeddy?

-Quero que veña axiña unha patruia, houbo un asesinato nos barrios baixos.

-E non podes ti só?, neses sitios sabes que non pintamos nada, por iso te chaman a ti…

-Eu non teño o equipo para examinar a escea nin caralladas desas.

-Mira que és pesadiño…

-Veña, ó, mándame a Julius.

-Preguntolle, se quere ir que vaia, eu non lle mando.


Queredes máis? Agardade a que o pase ao ordenador...

8.9.08

Capítulo II: Si sabe/Non contesta Parte 5ª

Quinta e última parte!

O xuíxo foi moi cedo, ás 12 e media. Chegamos coma sempre en taxi ata a porta dos xulgados onde agardaba a familia do accidentado.

-Señora, non se preocupe, todo vai saír a pedir de boca. Farei que ese malcriado de Llusuf Sabun, pague polo que fixo e se pudra no cárcere.

-Señor, ese “malcriado” é meu fillo, el é o que sufriu o accidente.

Entramos sen máis dilación.

Xa o sabe todo o mundo, os xuízos son moi moi aburridos. A non ser, claro está, que eu teña que declarar.

O abogado de Basil Clawson non era outro que o meu amigo Victor von Voodo, o típico abogado patoso, cafre, pusilánime... pero como tiña cara de bó rapaz, contratábanno moito. Aínda así, e non sei ben porqué, gañaba 2 de cada 3 xuízos, non estaba mal.

-A acusación chama a declarar ao detective privado William.

-E ese quen é? –preguntoume Sam.

-Eu. A que me da un toque distinguido? –fixen caso omiso á sua negativa e subín ao estrado.

-Por favor, nome e profesión.

-William McTeddy, detective privado, modelo, presentador e actor.

-Seica vostede ten datos relevantes en canto ao nome do conductor do automovil que fai trinta e tres días atropelou a Yussuff ṣābūn. Por favor, comece co seu informe.

-Como vostede di, señor fiscal, teño as provas e os testimonios precisos para demostrar neste xuízo que hay un culpable diferente ao que se lle imputan os cargos. Así mesmo, gustaríame deixar claro que non teño apego especial por ningunha das partes.

-S-señor McTeddy... –dixo a voz entrecortada de von Voodo– unha cousiña antes de nada... Algún deses posibles acusados sobornouno ou algo así?

-Abogado, seica non coñece os firmes principios de este osiño? Rexeito calqueira mostra de posible soborno e todos os que digan o contrario serán severamente castigados. Pola xustiza.

-D-dacordo,... comece entón.

-Eu, William, e mailos meus empregados, Samantha e Adam, estivemos a interrogar a todas as posibles testemuñas do accidente que concerne a este xuízo. Ante isto, podo confirmar que ningún deles está seguro do que viu.

-A que se deve esta acusación, señor McTeddy? –preguntou o xuíz .

-Barallo dúas posibilidades: Minten para cubir os seus erros ou os dos outros ou simplemente son parvos. Vexan, cabaleiros. O señor Basil Clawson, abre relixiosamente o seu negocio, unha carnicería, cada día ás 9 da mañá. É un tipo coma min, que lle gusta a cama, por iso sei que a hora do atropelo non son as 8, senón as 9.

-Se temos que basarnos nun horario dunha tenda para saber a hora exacta, imos de cú.-replicou o fiscal- Ademáis, no hospital asinouse a hora de entrada do herido ás 8 da mañá.

-Señor fiscal, cuxo nome ma suda, teñolle que dicir que é a proba máis firme que temos sobre a hora. Como sabe, Albert Feltdoll é un rico asqueroso, o que lle permite poder sobornar a calquer patán que se lle poña por diante. Teño máis contradiccións. Como o coche que conducía o tolo do volante. Tanto Basil Clawson coma Feltdoll, declararon que o coche era un normaliño. Se pensamos que a Feltoll non lle conven que se pense que era un coche de luxo e Basil non lle prestou demasiada atención, creo que o único que pode dicir con certeza o tipo de coche que o atropelou, é a propia víctima, a cal está segura de que era un coche luxoso, propio, permitanme recordarlles, do señor Albert Feltdoll.

-B-ben, t-teño que falar eu un pouco..., q-que imos morrer aquí escoitandoo. É evidente, McTeddy ten a c-certeza de que era Albert F-Feltdoll que conducía ese día, pero e que todo o que dí non son máis que casualidades. O-o coche p-podería ser doutro e os sobornos ao hospital e-e á policía, poderían ser mentira... eh?

-Certo, todo o mundo di que a hora do accidente foron as 8, só o seu querido carniceiro dí o contrario.

-Señor von Voodo e señor fiscal idiota, teño unha útima proba extraída das declaracións...

-Cale xa, oh! Non fixo máis que pedantear e mostrar probas sen base algunha dende que subiu ao estrado!

-Oia, fiscal do carallo! –gritou Víctor o abogado, baixo a sorprendida mirada de todos– Cale un pouco vostede! Ou e que non lle ensinaron a escoitar na universidade!! Deixe que o señor McTeddy remate co seu alegato.

-G-grazas, señor von Voodo... Continuo logo. Tratase sobre a dirección que tomou o conductor ao darse á fuga, que é diferente en cada declaración. A rúa do accidente ten unha carreteira principal e un pouco máis adiante hay unha canella cara a dereita, como se pode ver neste mapiña que eu mesmo dibuxei:


-Ao señor Sabun -continuei falando- dixéronlle que o coche mandouno despedido uns metros cara diante e que logo desapareceu pola dita canella. Coma contrapunto, Basil dixo que o coche golpeou ao mozo e que o deixou tirado e que logo marchou todo recto. Para rematar, Feltdoll declarou, como lle dixeron a Llusuf Sabun, que este último saiu despedido uns metros, pero di que logo o coche marchou pola esquerda.

-Iso é imposible!

-Non, fiscal idiota. Non é imposible cando por esa dirección hay un descampado... que leva directamente a carreteira comarcal!

-Non, é mentira! O oso minte! –gritou Feltdoll– Esa ruta non a coñece ninguén!!!

-Agás vostede... –dixo o xuíz.

-Eeee... Istoooo... Non, sabeo máis xente...

-Ben, se isto é certo, señor McTeddy, terá pobas de que este foi o único camiño que poido usar.

-Así é!

-Pois xa está, xuízo rematado. Faremos unha pausa para que o xurado delibere e tras esta, dictarei o meu veredicto.

-S-señoría... McTeddy aínda non dixo o que ia d-dicir...

-Ai, sintoo...

-Pois a ver. O ricachón so puido fuxir pola esquerda porque a canella da dereita non ten saída e na que seguía todo recto estaba tendido o corpo inconsciente de Llusuf Sabun. Así de sinxelo.

-Vale, máis claro, auga. Xa dixen antes o que tiña que dicir así que paso de repetilo. Aburiño!

O xuíz declarou a Basil Clawson non culpable, e dicir, inocente. Detiveron a Albert Feltdoll e o levaron a xuízo para que lle caian 30 anos, dos que cumpliría un ou dous... meses.

A Sam pagaronlle bastante ben, co diñeiro da indemización de Sabun. Como xa acordaramos, repartimos o diñeiro entre os tres.

-Non hai problema, Billy. Creo que é a primeira vez que che vexo traballar tanto e falar tan finamente. –dixo Sam.

-Nena, que sería dos cidadáns de HappyCity se eu non aprendera nunca a falar nun xulgado?

-O que pasa e que xa estás tan afeito a ir que ata aprendiches a comportarte. Pero esta foi a primeira vez que fuches coma investigador, non si? –soltou Adam.

-Pero é igual como fora, se como investigador esta vez ou coma acusado de algo todas as outras... Rapaces, temos que sacar algo en limpo desta experiencia...

-O que?

-Que por moi pouco diñeiro que se teña, sempre se pode sobornar a un xuíz pouco espabilado.


FIN:Capítulo II


_______________________________________________________________________

Pois ben, xa temos listos o primeiro e o segundo caso de Billy McTeddy. O terceiro teñoo escrito xa, o que pasa que o teño en papel, so teño que pasalo a ordenador e xa está. Adelantovos o título: Billy e mailos seus amigos III: Trapos Noxentos

Por certo, podedes ver un fondo de escritorio que me fixen no meu deviant (contén "spoilers":P)

Para abreviar, poño Billy e mailos seus amigos como B+A.

6.9.08

Capítulo II: Si sabe/Non contesta Parte 4ª

Mirade que ven, tivestes que agardar ben pouco.

Unha vez fora, decidín sentarme a esperar aos meus. Como tardaban moito, vese que Sam fixera boas migas con un rapazolo e Adam tiña alí un coñecido, fun dar un paseo. Por un dos corredoiros, topeime con Albert Feltdoll, o suposto “atropelante”.

-Mira ti por onde!

-Quen es?

-Son Billy McTeddy, detective de HappyCity.

-Vale, agora pode apartar do meu camiño?

-Oiume? De-tec-ti-ve.

-Si, pa-ia-so, ointe perfectamente. Que queres?

-Facerlle unhas preguntas.

-Non, teño presa.

-Verá, ricachon prepotente, son o detective ao que se lle encargou interogar ás testemuñas e aos sospeitosos do atropelo de Llusuf Sabun.

-Quen é ese?

-Deberíalo coñecer, el di que foi vostede. É un rapaz asi, moreniño, que vai en cadeira de rodas. Agora, claro.

-Bueno, si poida que me soe. Pero eu non lle vou responder a vostede, dixeronme que ía falar cunha bonequiña.

-Si, é que polas noites cambio moito. A maquillaxe fai maravillas, pero se quere vou ao baño un momentiño e...

-Non, non, non. Non fai falla. Pregunte o que teña que preguntar canto antes.

Seguiume ata a saliña de interrogatorios. Pareceu que lle metín o medo no corpo ao facerlle pensar en que eu poida travestirme, ainda que non creo eu que fora para tanto. Eu, con calquer trapiño que me poña estou divino, ainda que sexan trapiños de muller.

-Diga, que pasou o día do atropelo?

-En que data foi?

-Nin idea. Pero mais ou menos fai un mes.

-O mes pasado... non recordo ningún atropelo ese mes... Onde foi?

-Preto do paseo marítimo. Quere que lle diga tamén a hora??

-Non, xa me acorda. Se non me anda mal a memoria, eu saín dar un paseo, como cada mañá e aquel día pasei por diante do lugar do accidente. Eran máis ou menos ás oito. Un tolo deulle a un mozo. O pobre pasou rebotanto polo capó do coche e o outro marchou pola canella da esquerda.

-Como diría que era o coche ese? E sabe quen era o tolo que o levaba?

-O coche un catro latas. E o tolo, sen dúbida, era o carniceiro. Pero xa está na cadea, non sei que necesidade había de facer un novo interrogatorio.

-É que hai un problemiña. O señor Sabun e o señor Clawson votanlle a vostede as culpas.

-Si, teñoo oido. E seica é vostede quen ten a última palabra no xuízo ¿eh?

-Coma sempre.

-Pois logo, xa saberá que eu son un home adiñeirado...

-Teño constanza diso. Pero o xuiz é deses que veñen novos da academia, xa sabe, o que vostedes lles chaman “insobornables”, así que...

-Non, parvo, non me refería ao xuíz, refírome a vostede... ofrezolle una gran suma de diñeiro. Poñámoslle 3.000.000 de HappyDolars...?

-Mire, non quero que me tome por unha persoa que lle fai ascos aos sobornos, non pense que son un detective honrado, pero e que Basil o carniceiro xa me sobornou cunhas chuletas...

-Vostede é idiota? Con 3 millóns poderá comprar tódalas chuletas que queira!!!

-Xa, pero e que se non vai vostede ao caldeiro vai Basil, e non lle poderei mercar máis. Pero claro, se me da probas dabondo de que vostede non é o condutor tolo, non terei nada que facer.

-Eu non son, prométollo, sei o que pasou alí porque estaba a dar un paseo.

-Sabe o que lle digo? Que mañá vémonos nos xulgados. Durma ben nesa cama xigante que terá, acompañado das suas amantes e esposas, porque podería ser a súa última noite fora.

Cando saín, viñan polo corredoiro os meus mozos. Sam non se fiou de min, así que decidiu interrogar a Feltdoll ela mesma.Esa noite a pasei case en vela, excepto as 11 horas que durmín, pensando no caso. Repasei os testimonios dos implicados, os informes do hospital e da policia, algunhas revistas porno... fixen todo o que puiden.

Agora agardade outro pouco.

Capítulo II: Si sabe/Non contesta Parte 3ª

¡Ahí ven máis!


-Continue señor Clawson, por favor.

-OK. Ese día estaba a abrir o establecemento, sobre as 9, cando un coche colleu a un mozo.

-Algo que lle chamara a atención do coche?

-Non, nada. O pobre do rapaz quedou tirado na carreteira, ahí frente ao coche, pero o desgrazado do conductor...

-Sabe quen conducía?

-Non me fixei, a verdade, pero o certo e que eu non era.

-Si, iso xa quedou claro dabondo. E mire unha cousiña, cara onde marchou logo do accidente?

-Metinme na tenda e estiven alí toda a mañá. Fixen un parón para comer, ás...

-Refírome a dirección que tomou o condutor ao darse á fuga, home... o que vostede fixera logo é tan útil coma a merda de can no zapato.

-Ei, sen ofender!- Dixo Adam dende fora- Ademais, ti non levas zapatos!!!

-O condutor seguiu pola mesma rua todo recto, teño entendido.

-Veña, isto pola miña parte xa está rematado, se queres facer ti algunha pregunta, Samantha...?

-Si, queria que me dixera...

-Ei, ti, que era unha pregunta retórica! Se eu digo que xa está é que xa está! Hala, fora, que xa é hora de comer.

-Pero falta todavía xente por lle facer o interrogatorio.

-Que metan a eses nunha xaula de aquí, que teño moita fame.

Non sei o que fixeron cos que tiñan que declarar para que non fuxiran, nin me importa. De feito non estaba seguro de que foran fuxir, pero sempre é mellor previr que curar.

Comimos nun restaurante preto da cadea, con menú do día, bó ambiente, agradable son de fondo... en realidade comimos no comedor da cadea, con todolos présos. Isto resultou ser un problema, pois algúns dos “malos” da cidade que apresara eu mesmo, estaban alí. Sam sabía que moitos deles queríanme ver morto, e para vingarse dixo que tiñamos sentar separados polo que ela chama acoso e que eu chamo ser atento cos subordinados. Ainda que a Adam non lle dou cachetiños no cu.

-Ei, ti! Non poñas os codos enriba da mesa, que é de mala educación, -dixenlle a un que estaba sentado ao meu lado- e polo amor de deus, mastica coa boca pechada.

-Como dis, mequetrefe?

-Digo que...

-Agarda! Ti non és McTeddy?

-Acaso non se me nota que levo con honor o meu apelido? –repliqueille coa musicalidade que caracteriza ás miñas palabras.

-Non recordas a miña cara?

-Teño pinta de facelo? Mira, non sei quen eres e non quero problemas, así que fai o que che digo e cala, que na mesa non se fala.

-McTeddy, estou aquí pola tua culpa. Metíchesme no caldeiro e deixei fora á miña muller e ás miñas filliñas.

-Dame as grazas, non tes que aguantar a esas pidichonas. E se estás aquí será que fixeches algo malo. Eu teño o deber de erradicar esas cousas e a esa merda de xente, esa escoria, teño que sacálos das rúas de HappyCity.

Dinme de conta de que os meus comentarios non eran do máis acertados, así que mentres seguía a farfullar iame alonxando, baixo a atenta mirada dos desgraciados aqueles. Pronto estiven fora, lonxe da posible malleira que me puidera caer, ademais da que xa levaba enriba.


Agardade por máis.

28.8.08

Capítulo II: Si sabe/Non contesta 2ª Parte

Ahí vos vai a continuación! E ben longa!

Logo da discusión amena coa mulleriña de xabón embolta en trapo, fun ao cuarto das visitas, onde me agardaba un home que xa estaba sendo interrogado por Samantha.

-A ver! Como te chamas e porque atropelaches a Llusuf Sabun?!!!

-EU son Yussuff ṣābūn.

-Ai... Perdoa rapaz... a culpa foi da boneca que non me avisa de a quen vou interrogar.

-Cando te vou a avisar, se entras case correndo logo de abrir a porta dunha patada??!!!

-Moza!! Cando aprendas a ser unha detective de verdade e a abrir as portas como é debido, poderás replicarme, mentres tanto, senta nunha silla e cala a puta boca!!!

-Señor, podemos comezar cando queira.

-Ben, imos aló. Digame señor Sabun...

-...É ṣābūn.

-O digo como me da a gana. Continuo; como foi a cousa?

-O accidente tubo lugar fai un mes e pouco. Saín da casa, como cada mañá a traballar

-Onde traballa?

-Nun bar do paseo marítimo.

-Claro, por iso está tan moreno.

-Non, non é precisamente por iso... Como dicía, saín prontiño, e ás 7, ao cruzar a rúa xa preto do paseo, topeime co meu sino.

-Co seu que?

-Co meu sino, o meu destino. O luxoso automóvil do señor Feltdoll arroioume e lanzoume varios metros, ou iso me dixeron logo.

-Está certo de que era o Feltdoll quen conducía?

-Si, moito. Ademais, ese coche é rechamante de máis. Disque despois disto, fuxiu pola rúa da esquerda e ao día seguinte puxeron preso ao pobre do carniceiro.

-Creo que é todo. Moias grazas, señor Sabun. Ah! Unha cousa máis. Cando foi que lle deron a alta no hospital?

-Onte, pero eu creo que estou igual de dorido que dando me colleu. Aínda así, dixeronme que non poderei voltar a andar en dez anos, polo baixo.

Algo me resultou sospeitoso do testimonio do musulman lisiado, así que decidín empurrarlle a cadeira de rodas ata as escaleiras.

-Agradezollo, pero creo que os meus irmáns poderán baixarme por estas.

-Non tan rápido amigo, sei que dixo mentiras no interrogatorio! Sei que pode camiñar perfectamente!!! E teralo que facer para evitar o golpe!!!

Nesas, empurreino chanzos abaixo. A pena é que só eran un par deles, pero caer caiu. Só faltoume dicir iso de “Árbol vai!”. Como tiña 4 irmáns recibín 4 bós e merecidos puñetazos, pois dicia a verdade, non podía mover as pernas nin para... para... para... ...camiñar...

O seguinte en pasar frente ao meu paredón de preguntas trampa era o suposto carniceiro e conductor acusado. Ou era ao revés?

-Diga, señor Basil, o carniceiro, nome e profesión.

-Xa o dixo vostede...

-Queroo oir dos seus labios para evitar confusións.

-Billy, isto non é un xuízo...

-Éstá ben. Veña, conte que facía o día este do atropelo fai un mes.

-A miña carnicería está preto do paseo marítimo, facendo esquina coa rúa ondefoi todo iso, ti xa o sabes Billy...

-Que confianzas son esas? De que nos coñecemos ti e máis eu??

-Vesme mercar as chuletas e as hamburguesas tódalas semanas.

-Vale, si, pero iso non ven a conto. A nosa relacción non te vai axudar a saír da cadea por moitas hamburguesas que me ofrezas de soborno...

-Pero se eu son inocente!

-Pode, si, pero agora mesmo a miña palabra é a que pode facer que saias de aquí ou te pudras no cárcere. Estás dacordo, non si, rula?


Continuará coa 3ª parte, claro.

27.8.08

Capítulo II: Si sabe/Non contesta 1ª Parte

Hay catro cousas que non soporto na vida: a arte abstracta, a música moderna, os cadeliños quentes e os mentireiros compulsivos. Desgraciadamente teño que lidiar con estes últimos case a diario nos interrogatorios. Todo serve cando se trata de desenmascarar a os delincuentes, e como son detective independiente, podo ata torturar. Son Billy McTeddy, un osiño ao que lle gusta causar dor a descoñecidos de HappyCity.

Ocorreu un deses día aburridos, cando os quioscos pechan e as panaderías está cheas, un mércores. Ou un Xoves... non sei, tódolos días son iguais.

Tiñamos que interrogar aos testigos e ao acusado dun caso que levara a policía había tempo, pero como eles non facía nada e o xuízo era ao día seguinte, contratounos a familia. En realidade so querían contratar a Samantha, pero somos un equipo, e se cobra un cobramos todos.

Eran as 8 da mañá, demasiado cedo como para que se me poida espertar sen entrar en un grave conflicto, así que Sam e Adam marcharon, pois as visitas comezan ás 8:30 e espertei ás 11 pero non me deixaron diñeiro para coller un taxi. Tiven que ir andando ata o centro penitenciario número 3 de HappyCity, e cheguei á 1.

Nin me cachearon por se levaba arma nin nada, pasei pola sempre aberta porta coma pepiño pola súa casa. Ahí é donde notase quen é a verdadeira ley e quen non. Iso, e tamén que aos carceleiros dalles todo igual porque son expresidiarios e cocainómanos. Adam estaba sentado fora.

-Moitas grazas por deixarme diñeiro para o taxi...

-De nada, meu.

-Veña, contame que foi o que pasou para que nos estemos hoxe aquí reunidos.

-A ver... o que di familia que nos contratou e que o mes pasado atropelaron a Yussuff ṣābūn, pero que como o que conducía seica era un tipo con moita pasta, fixo que meteran na cadea ao dono da carnicería. Xa o sabes, o xuízo é mañá, e temos que sacar un culpable que non sexa o acusado.

-Temos que coller a ese porco... como se lle pode facer algo así a alguen que prepara unhas hamburguesas tan boas... non somos ninguén...

-Ei!, que o carniceiro ainda está vivo!

Foi entón cando saiu Sam do cuarto das visitas. Interrogara á nai do falecido, Dunya ṣābūn.

-Agarde, señora Sabun...

-Dise ṣābūn.

-Eu non lle vexo a diferencia, pero mire unha cousa. Porque agardaron ata o último día para contratarnos?

-Porque pensabámos que eran vostedes uns inútiles.

-Xa, xa... E que lles fai crer que xa non o somos?

-Seguímolo a pensar, o que pasa e que son os únicos detectives de HappyCity que nos aceptaron o caso. Os outros ou non o facían pola nosa relixión , cor de pel ou porque dicían estar mortos. Excusas.

-Si, coñezo esas mentiras, eu tamén acostumo a dicilas, pero vin que o caso era un novo reto para mín e aceptei.

-Non minta tamén. O que pasa e que como nos só queríamos á moza vostede puxose celoso e veu, pero que sepa que eu non lle pago.


Prontiño máis.

14.8.08

Capítulo I: Aforro limitado 5ªParte

... ahí vai a última parte.


A situación aclarábase á par que complicabase. Non dispoñiamos de moito tempo, así que decidin cortar polo san. Chamei ao móbil de Adam.

-Piribíiiii, piribíiiiii...Piribíiiii, piribíiiii...

-Que é iso?!!- dixo Stefano.

-É... é o meu teléfono...

-Mira, mátao xa que temos presa.

-Non tan rápido, senvergoñas!!!!- fixen a miña aparición estelar, saíndo de tra-lo contenedor apuntando coa pistola ao tal Bambola, mentres Sam apuntaba, tras unha aparición non tan estelar, a Puppet.

-Mira!!, pola túa culpa colleronnos os parvos que contrataches!!

-Isto solucionase sinxelo,-dixo Puppet- detedeo e festa, foi el quen matou ao Señor Cuddly.

-Escoitámolo todo, estades compinchados!!!

-Nena... vos non escoitastedes nada que me poida incriminar a min. Ademais, son o director do banco máis importante da cidade, teño a quen quera aos meus pes.

-Traballas para Potato, non si?

-Dache igual, Beri...

Puppet esfumouse por una porta que se abriu nese mesmo intre. Sam tentou ir tras el, pero non o conseguiu. Bambola tirou a pistola ao chan, ceibando a Adam.

-Perdino todo...- dicia o malo entre lágrimas.

-Que ocorre, Bambola, meteuseche algo nun ollo?

-Potato... eu non... non traballo para el...

-Vas ternos que contar todo...

Non foi o final feliz que todos agardabamos, pero Bambola foi ao cárcere.

O que pasara foi que Stefano Bambola foi enganado por Clancy Puppet para que se desfixera do Xefe do departamento policial, Alex Cuddly, dicindolle que atopara a súa desaparecida filla e que se o mataba, lle pagarían o rescate ao secuestrador.

Clancy Puppet non era outro que a man dereita de Franccesco Potato, un caseimposible de deter. E menos agora que Plush-Rabbit era o cabeza da policía de HappyCity.

En canto a “Beri”, o que me chamou Puppet antes de liscar... hehe, iso pertence ao meu pasado e agora é como a xente de Potato me coñece.

O tema do diñeiro... como o que nos contratara era evidente que non no lo ia mandar por correo, quedamonos sen cobrar outra vez. E aquí seguimos, a beber cervexa, ve-lo programa da tarde e a rascar a barriga.

Este foi outro caso máis resolto por min, o maravilloso e xenuíno Billy McTeddy, o detective máis guapo, intelixente e carismático de HappyCity... e tamén o único.

FIN: Capítulo I


____________________________________________________________________

Ben, rematado o primeiro capítulo, direibos que teño pensados nove máis, non esperedes só unha trioloxía. Agardade polos restantes, porque chegarán se cadra con máis chispa ca este.